WEB STUDIO

QUEN SOMOS

Somos un pequeno estudio galego adicado ao deseño e ao aloxamento web.

Agora poderiamos contarche o típico de que somos expertos na materia, que temos moitos anos de experiencia no sector e todas esas frases enlatadas que aparecen nas páxinas corporativas. Pero como iso xa é algo que che podemos demostrar se nos das a oportunidade de traballar contigo, preferimos recalcar tanto o de “pequeno” como o de “galego”.

Gústanos o termo “pequeno” porque nos axudar a ter presente que non somos ningunha gran empresa na que os clientes son meros números, senon colaboradores e amigos. Ademáis as cousas pequenas son sempre as que levan máis coidado, máis dedicación e máis esforzo.

Tamén nos gusta o de “galego” porque nos gusta pertencer a ese recuncho medio esquecido da Península abarrotado de xente chea de talento e de agarimo polo seu traballo. Somos Deiquí 😉

¡Mil grazas por coñecernos!

 

 

 

DESEÑO WEB

A imaxe do teu proxecto de cara ao mundo. Creamos a túa web á medida das túas necesidades coidando cada detalle para que quede perfecta.

COMERCIO ELECTRÓNICO

O teu negocio en Internet. A túa tenda online non paga aluguer, nin luz, nin auga… o resto son todo beneficios.

ALOXAMENTO WEB E DOMINIOS

Rexistramos o teu nome na rede e aloxamos a túa web nos servidores máis rápidos e estables. O teu proxecto sempre online!

SEGURIDADE E AUDITORÍA

¿Queres darlle un lavado de cara á túa web actual? ¿Tes problemas cos virus ou coas copias de seguridade? Podemos axudarche con este tema e moitos máis.

QUE FACEMOS

BLOGUE

O noso último proxecto: BelBly

BelBly: proxecto e sorteo Hoxe queremos presentarvos o noso último proxecto. Xa leva uns cantos días en producción e está funcionando de maravilla con un volume de visitas estupendo 🙂 Chámase BelBly e trátase da firma de Belén de la Morena, unha estupenda diseñadora...

Erro de seguridade no plugin Captcha de WordPress

Erro de seguridade no plugin Captcha de Worpress Como vos contabamos no artigo anterior, unha parte fundamental dun proxecto web está en manter unha seguridade axeitada do noso sitio. Destacabamos o feito de que é importante manter métodos que eviten o hackeo da nosa...

Elementos necesarios para unha web

¿Que preciso para facer unha web? É máis que probable que, se estás a comezar un proxecto ou queres dar visibilidade a un xa existente te fagas esta pregunta. Sabemos que é unha cuestión frecuente así que imos tratar de explicar de forma breve cales son os elementos...

6 + 2 =

CONTACTO

644 74 23 45

info@deiqui.com